Monday 06 de May de 2024

O novo goberno muxián reúnese cos responsables das empresas contratadas para realizar multitude de obras e melloras no termo municipal


Nos vindeiros días comezarán os traballos de acondicionamento de vías e melloras das instalacións municipais que terán unha inversión que rondará o medio millón de euros.
O novo goberno do Concello de Muxía reuníuse onte ás 12:00 horas na sala do Consistorio cos responsables das empresas encargadas de facer multidude de obras repartidas por todo o territorio do municipio e que comezarán a executarse nos vindeiros días.
Dentro da multitude de obras, cabe destacar o acondicionamento de vías, beirarúas, estradas deterioradas e os rebacheos en todo o termo municipal. Así como a rehabilitación da sala multicultural de Muxía, as áreas recreativas e as melloras de instalacións municipais. Ademais, darán comezo as obras de Moreira, Touriñán e Francia (Os Muiños) que xa estaban adxudicadas con anterioridade.
Fomentar o emprego local O rexedor, Iago Toba, recalcou que este novo goberno, terá unha forma de
fomentar a contratación con empresas do municipio, dentro do que a lei permite, e con elo e emprego local.
O novo concelleiro de obras, Javier Romar, estará ao fronte do control de todas intervencións e en contacto directo con todas as empresas implicadas. Romar estrearase, deste xeito, cunha enorme cantidade de actuacións repartidas por todo o termo municipal e cunha inversión que rondará o medio millón de euros.
Na reunión, as empresas tamén foron informadas que desde onte está publica a licitación para a recontrucción do centro sociocultural de Os muiños, por unha cantidade de 130.000€. A súa vez, saíu a licitación para a reconstrucción da área recreativa de Ponteconstante, a recuperación da Fonte histórica de Chorente e as obras de Moreira, Touriñan e Francia (os Muiños).

Desde o novo goberno muxián tamén informaron ás empresas reunidas de que sairá, nos vindeiros días, a licitación das aceras de Quintáns e os Muiños, por valor de 300.000€. Unha gran obra reclamada polo veciños desde anos atrás.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de obras e parroquias, Javier Romar recalcou que “o reparto de obras vai a ser a tónica habitual e a forma de traballar deste goberno. A nosa forma de actuar será a de fomentar a contratación de empresas locais e con iso fomentar e activar o emprego do municipio”.
O alcalde, Iago Toba, destacou que “esta reunión non só servirá para realizar unhas obras que levaba moito tempo reclamando a veciñanza muxiá, senón que tamén para dar un impulso económico a todo o municipio, apostando por empresas locais”.